• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

YOLANDA FERRER

Ferrer Martínez, Yolanda

( Granada, 1950 )

Biografía

Ampla, variada e complexa é a formación desta artista andaluza que se graduou en 1972 na Escola Oficial de Artes aplicadas de Valencia; realizou posteriormente cursos de Historia da Arte en París e Florencia e cursou a carreira de Belas Artes na Facultade de Bilbao. Experimentou en pintura e escultura, e mesmo no deseño, antes de decidirse pola cámara fotográfica como vehículo de expresión.

Comezou a expoñer colectivamente a súa obra escultórica en Valencia en 1972 e a súa fotografía mostrouna dende 1993 en case todas as cidades de Galicia (varias veces, en Vigo) e por España adiante. Individualmente expón dende 1995, sempre cunha proxección excepcional en medios de comunicación. Está representada en museos e coleccións institucionais da Coruña, Vigo, Marbella, Córdoba, Ávila e Madrid.

Evidentemente, non é só a cámara, senón a mirada sensible, plástica e o temperamento lírico intimista quen actúa na creación gráfica de Yolanda Ferrer. Porque as súas fotos son creacións plásticas, dun mundo propio, case onírico, de suxestións, de naturezas entrevistas, de fragmentos do inmediato e do cotián, que podería aproximarse a un hiperrealismo surrealista, se é que ambos os dous conceptos poden casar. Mans entre gasas, corpos que se insinúan en ámbitos indeterminables, paisaxes nunca existidas e texturas como visións xélidas. Efectivamente, a imaxe fotográfica pode ser, é, na obra de Yolanda Ferrer, creación plástica suxestiva, emotiva, persoalísima.

Bibliografía

VV.AA.: Yolanda Ferrer. Silencio Interior. Caixanova, Vigo, 2006.

 

Obra

  • OBSTÁCULOS

    OBSTÁCULOS 2001

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78