Comentarios
O círculo é o compoñente semántico dunha obra depurada e sinxela, transmisora de sensacións visuais que se perciben a partir da cor e da materia.
A madeira é o soporte visible do lenzo convertido nunha estraña vendaxe, reducida a tiras, a retallos desordenados, pegados uns sobre outros, o que lle confire volume real á obra e se erixe nun axente expresivo seu, acadando rompe-la uniformidade do intenso amarelo, que goza da variedade de matices lumínicos xurdidos co entrecuzado dos farrapos.
Sobre a calidez da cor descríbese con dificultade un círculo imperfecto e enigmático que transforma a superficie, a converte nun espacio humanizado onde é visible a pegada do home.
EXPOSICIÓNS:
"V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro" ". 2001, Museo Municipal Ramón Mª. Aller Ulloa , Lalín
REPRODUCCIÓNS:
"V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro" ". Museo Municipal Ramón Mª. Aller Ulloa . Xunta de Galicia, Concello de Lalín. A Coruña, 2001, páx. 53