• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

As Mantidas

RIVAS BRIONES

As Mantidas
INV:
2609
Año de creación:
1970
Dimensiones:
95 x 76 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

O tema das Mantidas podemos rastrealo na obra de Antón Ribas, xa nas súas representacións xilográficas dos anos 60. Esta imaxe iconográfica terá continuidade ó longo dos anos e a presentación alterarase moi pouco. En todas as obras, as mulleres dispóñense espidas ou medio espidas, embarazadas, situadas a carón de mananciais de auga. Sempre hai unha figura situada en primeiro plano que se erixe como protagonista destacándose do resto. A maior variación nesta serie é que, nalgúns casos, aparecen maternidades ou mulleres con nenos e, noutros, só mulleres medio núas.

A imaxe maternal, situada en primeiro plano, diferénciase claramente do resto polo seu maior tamaño e proximidade ó espectador. O seu aspecto é humilde e seductor a un tempo. Preséntase totalmente envolta nun manto que cobre o seu corpo e o seu cabelo deixando un oco, polo que se descobre o seu fillo, ó que parece está a aleitar. A relación amorosa entre ambos é evidente no xesto de tenrura da nai que amosa unicamente a súa face e os seus pés espidos.

Ó seu redor, figuras femininas anónimas, case invisibles, medio cubertas con panos ou espidas non conseguen desviar o punto de atención. A nai é a única personaxe individualizada, o seu volume está coidado, o debuxo é máis minucioso, de perfil definido, parando nos detalles, concretando o rostro cunha policromía máis rica e estudiando a súa mirada.

As Mantidas exemplifican o dominio do debuxo e do coñecemento do corpo feminino por parte do autor, que concibe mulleres voluptuosas e carnais. O ton predominante é o rosa, unha cor cálida que se enriquece con tonalidades verdes. A composición está dominada por unha pincelada analítica que describe manchas xeométricas outorgándolle ese aspecto neocubista, a sensación de figuras construídas a base de planos.

Segundo Antón Rivas, non hai historias detrás das súas obras, ás que adoita titular, moitas veces, da mesma forma. Sen embargo, as Mantidas teñen un fío temático, parecen a representación da seducción, de mulleres situadas nun imaxinario harén onde necesitan ser alimentadas e coidadas, por iso en moitas obras aparecen representadas xunto a un bodegón.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78