• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

San Adrián de Cobres

RAFAEL ALONSO

San Adrián de Cobres
INV:
2621
Año de creación:
1980
Dimensiones:
70 x 101 x 0
Técnica:
Acuarela sobre papel guarro

Comentarios

A costa e o azul do mar volven seducir a Rafael Alonso, que invita á contemplación dunha pequena vila costeira co seu peirao enclavado na ría de Vigo.

A paisaxe está retratada desde un punto de vista alto e distante, o que permite gozar do porto, do conxunto de casas de arquitectura tradicional amoreadas á beira do mar e da panorámica montañosa do fondo. Destaca, como unha homenaxe á carpintería de ribeira, un oficio practicamente desaparecido, a presencia do estaleiro de madeira onde se construían as pequenas embarcacións.

Reducida ós compoñentes esenciais, a obra provoca a sensación de ser un apuntamento, un bosquexo sen rematar, o que lle confire frescura e movemento. O autor rexeita a representación e a descrición minuciosa e emprega sen timidez a cor branca, outorgándolle novos valores en función das súas necesidades, auga, aire, embarcacións, vivendas. A estructura da composición e das diferentes formas xorde mediante un perfilado de trazo aparentemente simple realizado con tonalidades brillantes.

A pincelada é ampla e rápida, flúe con seguridade e describe secuencias cromáticas entrecortadas chegando, coma neste caso, a empregar o pincel seco, o que impide que as tintas se fundan ou se disolvan unhas coas outras evitando os ritmos continuos e plasmando unha realidade fragmentada pero eficaz para acentuar a xeometría e a modernidade da proposta.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78