• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RETRATO

RAMÓN CAAMAÑO

RETRATO
INV:
2650
Año de creación:
1940 (Circa)
Dimensiones:
60 x 50 x 0
Técnica:
Fotografía

Comentarios

O xardín, un espacio natural cheo de encanto, é o escenario escollido para emprazar a dúas sorrintes figuras femininas. Pola calidade da vestimenta e do calzado dedúcese que pertencen a un nivel social acomodado.

Para arroupar ás mozas disponse toda unha escenografía e recréase un ambiente igual que para obra de teatro. As protagonistas, sentadas en cadeiras torneadas, apoian os seus cóbados nunha mesa a xogo cuberta cun tapete bordado e adornada cun floreiro con flores. No chan, un coxín completa este decorado coqueto. A escena final simula ser o resultado dun momento escollido ó azar, o instante no que son sorprendidas polo obxectivo mentres xogan tranquilamente ás cartas.

O desexo de evitar un retrato solemne e perdurable obriga ó autor a romper co hieratismo e a sobriedade habitual polo que escolle un contexto onde, aparentemente, domina a naturalidade aínda que todo está estudiado e calculado ata o máis mínimo detalle.

Exposiciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.

Reproducciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 37.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78