• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ESCENARIOS-4

VARI CARAMÉS

ESCENARIOS-4
INV:
4189
Año de creación:
2006
Dimensiones:
91 x 134 x 0
Técnica:
Impresión pigmentos Canvas sobre algodón (1/5)

Comentarios

Nesta obra de Vari Caramés apréciase con claridade o que el mesmo denomina o seu “espírito climatolóxico”. Na súa fotografía, a xanela –ás veces real, ás veces imaxinaria– funciona como unha metáfora da propia práctica fotográfica: un límite desde o que mirar e, ao mesmo tempo, un limiar capaz de transformar o que se ve. Aínda que nalgunhas das súas imaxes utiliza xanelas físicas, noutras –como en esta– a noción de xanela é máis conceptual que literal. O esencial non é o marco, senón a sensación de estar a observar o mundo a través dun filtro que o volve máis íntimo e máis fráxil, diluíndo con iso a noción de realidade.
Alejandro Castellote denomina a este fenómeno característico da fotografía de Caramés, como unha “pátina dominante que achegan as texturas de choiva”, unha calidade que lle permite construír atmosferas destinadas a evocar emocións que non son novas, senón universais: a nostalxia, a melancolía ou a soidade. A obra pertence a sériea  “Escenarios”, na que Caramés busca deliberadamente a imaxe imperfecta, aquela que se achega á fantasía e que conecta coa memoria que, como el afirma, “sempre anda rabuñando aí”. O uso do branco e negro reforza esta calidade evocadora, engade un matiz surrealista e suaviza a contundencia da escena, permitindo que aflore a súa dimensión máis emocional.
Como el mesmo sinala, o seu traballo parte sempre do cotián, pero extraendo diso, algo extraordinario: “Interésame facer de algo ordinario algo extraordinario, sacar a maxia e o misterio que rodea as cousas. Esa sensación de poder deter o tempo, de poder conxelar momentos e facelos perdurar no tempo é unha das historias que máis me interesan no mundo da fotografía.”
Esta obra encarna xustamente esa mirada: a capacidade de transformar un instante simple nun espazo de memoria, de emoción compartida e que consegue arrebatar ao que a mire.

Bibliografía

RODRÍGUEZ, A. Vari Caramés: ventá ao insólito. [ 24 de novembro de 2016 – 25 de febreiro de 2017, Sede Afundación Ferrol]. Vari Caramés, VEGAP, 2016.
FERNÁNDEZ CID, M. e CASTELLOTE, A. Vari Caramés. Escenarios [ 17 de xaneiro – 18 de febreiro de 2007, Centro Social Caixanova, Vigo]. Fundación Caixanova, 2007.
Foto Colectania. Vari Caramés – Instagram AO VIVO. Encontro con Vari Caramés e Pepe Font de Amora, 18 de xuño de 2020. Consultado en Youtube.

Exposiciones

Exposición "Arte Galega 2 D-XXI. Colección Caixanova" no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.

Reproducciones

"Arte Galega 2 D-XXI. Colección Caixanova", páxina 27.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78