• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

El baño

RIVAS BRIONES

El baño
INV:
831
Año de creación:
1970
Dimensiones:
81 x 65 x 0
Técnica:
Óleo/Tea

Comentarios

Mulleres sentadas e de pé, núas e cubertas con panos, baixo os que se asoman parte dos seus corpos, impoñen os seus volumes, modelados con pincelada lisa e espesa que respecta os perfís do debuxo. As luces converxen sobre as teas e as carnacións, realzando as expresións dos seus rostros e subliñando o ritmo ondulante dos pregamentos que discorre dunhas a outras, liberándose na escasa paisaxe que as aglutina.

Exposiciones

"Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX" do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"Exposición Antolóxica de Antón Rivas Briones", do 14 de xullo ó 30 de setembro de 2001 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

Reproducciones

"Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX". Catálogo da Exposición, Vigo 1992; "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 69
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78