• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

ANDRÉS PINAL

SIN TÍTULO
INV:
3757
Año de creación:
2003
Dimensiones:
110 x 110 x 0
Técnica:
Fotografía en B/N sobre aluminio (1/3)

Comentarios

A presenza da fotografía como medio de expresión en Andrés Pinal xorde como resultado dunha busca práctica, a intención de plasmar a realidade dun determinado xeito levouno a atopar na fotografía a solución ás súas inquietudes. Trátase dunha fotografía irmandada co resto das manifestacións artísticas que lle interesan, moito de estética pictórica e, sobre todo, unha gran forza escultórica do retratado. A súa especialidade académica en escultura parece cobrar outra dimensión á luz desta imaxe na que o faro domina o espazo circundante, organizándoo, ergueito e maxestoso, como unha colosal escultura.

A luz é outra clave da obra fotográfica de Andrés Pinal e nesta obra protagoniza a escena dunha forma discreta, dende un segundo plano, pero sen renunciar ao seu protagonismo, definindo planos e sensacións.

O resultado é unha obra serena, luminosa e de gran forza expresiva.

Exposiciones

- Galería Bacelos 2005. Andrés Pinal.

- Espazo Colección Caixanova. Centro Social Caixanova. Novembro 2005-febreiro 2006.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78